Mostrando entradas con la etiqueta Costa da Morte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Costa da Morte. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de noviembre de 2007

Piratas na Costa da Morte

...A sacudida dunha onda derrubou ao corsario sobre a cuberta e, por un instante, tivo a sensación de precipitarse cara ás profundidades. A borrasca desencadeábase por encima da súa cabeza, e ás veces, lanzaba ao chocar contra o aparello un longo ouvido que lle fixo tremer de pes a cabeza. O mastro golpeouno na súa caída, espertándoo bruscamente do seu soño..., logo fíxose un intervalo e contemplou no silencio das augas un lóstrego, que iluminou por un instante a lonxanza, e alí estaban Fisterra, Corcubión, Cee, os montes celtas do Pindo... conseguirao, alí estaba, oíu o estrépito dos rompentes da preamar, mentres o vento do oeste sopraba sen cesar.

O desmantelado casco desaparecía na mar, a proa xa enfilaba ao ceo, aquel ceo que tantas veces estudara para guiarse por este mar que agora o quería tragar. No seu delirio no medio do temporal, cando adiviñou que o ceo se xuntaba coa mar, oíu unha voz no medio da tormenta que dicía "¡Jack Rakman, es o máis grande!".

Aí dorme O Delfín de Cedán coas súas adegas alagadas pola auga cheas de tesouros e de esqueletos de piratas, aqueles piratas que Jack Rakman non deixou saír a cuberta pois el só era capaz de vencer aquel temporal...

Piratas na Costa da Morte
X.G

lunes, 26 de noviembre de 2007

O Ara Solís

"De seguro, foi profundo o acoro e a pavura que infundiu aos antigos a visión que experimentaron ao chegar a estas terras, lugares nos que só se ollaba un infindábel mar no que se mergullaba o sol, como se o océano o devorase, ao tempo que se escoitaba un fondo laio, crenza que aínda hoxe comparten algunhas xentes desta finis terrae.

A lenda da Ara Solis, quizais de orixe grega, refire que o pobo caldeo, que adoraba o sol, decidiu un día buscar o escondrixo do astro durante as horas da noite. Abandonando o seu país, os caldeos comezaron o seu camiño cara a Occidente. O derradeiro lugar ao que chegaron foi Galiza, onde se decataron de que o mar lles impedía continuar, ó mesmo tempo que descubrían que o Sol se afundía no océano. Convencidos de que entre as augas pasaba o astro adorado as horas da noite e abraiados perante aquel prodixio, decidiron construír naquelas terras un altar ao que puxeron de nome Ara Solis."

Fonte: http://www.blogoteca.com