sábado, 1 de marzo de 2008

Falando un pouco de Formula 1

Faltan 2 semanas máis ou menos para que de comezo a nova tempada de Fórmula 1 e seguramente non haberá tanta expectación en ningún momento do campionato como a hai agora.

Parece ser que Fernando Alonso ten máis problemas dos que a xente se esperába a principio de pretemporada, realizou un inicio máis que aceptable contando coas limitacións técnicas que tiña o seu monopraza con respecto aos "grandes" Ferrari e McLaren. Ultimamente non están indo ben as cousas dentro do equipo francés.

Os Ferrari realizaron un fulminante comezo, batendo marcas continuamente e dando a supor que esta tempada se pasearían pola pista, pero unhas recentes declaracións de Luca Cordero Montezemolo e os últimos adestramentos de pretemporada fixeron que estas suposicións desen marcha atrás.

Por outra banda Lewis Hamilton e Heikki Kovalainen parecen estar en forma dentro de McLaren. Parecen evolucionar de forma correcta.

Por agora o que se pode ler na prensa son só suposicións do que vai pasar no mundial e falsos tempos que adornan o marcador, só son iso, adestramentos de pretemporada e non importa o tempo que faga un con non sei cantos litros menos de carburante que o outro. Unicamente son tempos para dar que falar á xente.

Ata que se vexan os tempos de carreira dentro de dúas semanas en Albert Park non saberemos de verdade a que nivel xoga cada un. Eu polo menos véxoo así, que empece xa!!!

Saúdos.

1 comentario:

Jose Luis Galovart. dijo...

Buena noticia el descubrimiento en una cueva del Pindo de cerámicas de la edad del cobre.¿sabes algo mas de lo que cuenta La voz de Galicia de hoy, sobre esta cuestión?
saludos
pepe