martes, 25 de diciembre de 2007

Tocando as portas do ceo


Knockin' on Heaven's Door di unha das mellores e máis coñecidas cancións deste astro da música contemporánea como é Dylan

¿Hoxe en día cal é a cantidade de xente que non sabe quen é Bob Dylan? Sinceramente hai moita xente que descoñece da existencia deste cantautor estadounidense, pioneiro e un dos máximos influentes da música dos ultimos 50 anos.

Bob Dylan pasou por unha serie de "profesións", por chamalas dalgún xeito, desde cantautor a actor de cine. Comezou, como a gran maioría, de solista en pequenos bares coa súa guitarra e a súa harmónica, o fin acabou como a gran lenda da musica do século XX.

Din que foi abucheado cando se pasou á guitarra electrica... sinceramente, creo que a quen había queabuchear era a esa xente que tanto o criticou por ese cambio, en fin...

Como di moita xente, Bob Dylan non cantaba, Bob Dylan era (e seguirá sendo) un poeta que disparaba palabras que se cravaban como frechas na xente, que tiña que escoitar as súas cancións unha e outra vez para de verdade comprender o que Dylan expresaba, como ben Bob di:
"Calquera cousa que podo cantar, chámoa unha canción. Calquera cousa que non podo cantar, chámoa un poema. Calquera cousa que non podo cantar e é demasiado longa para ser un poema, chámoa unha novela"

Aos seus 66 anos, moitos dan por retirado a Bob Dylan, pero tamien é certo que ninguén pode negar a actual influencia que segue tendo no rock de hoxe en día...

Se me poño a destacar algunha canción de Bob decántome por Like a Rolling Stone (temazo), Desolation Row (máis temazo) e como non Knokin' On Heaven's Door, esta última versionada por infinidade de grupos, pero creo que ningunha se achega á orixinal, pero bueno, pa gustos cores.

Grande Bob!

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Unha de panorámicas

Actualizo cunha recompilación de imaxes panorámicas que tiña gardadas. Podes pinchar nas imaxes para velas a tamaño completo.

Empezamos cunha imaxe sacada desde un pico do Monte Pindo, "O Pedrejal" como lle chamamos aquí, da penúltima vez que subimos, unha inesperada néboa cubría todo o que habia debaixo nosa.




Outra imaxe do mesmo sitio pero co día despexado



Seguimos polas alturas cunha foto, esta vez desde o pico Peñafiel, sacada a iso das 8 menos 10 minutos un 20 de outubro vendo a posta de sol entre a néboa antes mencionada



Aquí outras 2 imaxes do alto do monte Peñafiel, unha esta sacada co día totalmente despexado, a primeira vez que subimos, e a outra vendo a néboa ao fondo, acercandose cada vez máis




Enfocando ao Encoro Sta. Uxía



Cambiamos un pouco de lugar e ímonos ao "Encoro da Fervenza" que ata hai pouco estivo en seca total, só un regacho inferior ao caudal normal do río pasaba por alí.



Outra imaxe do mesmo día vista desde outra perspectiva



Agora ímonos directamente a "fervenza", por chamala dalgunha forma, que abren os domingos en Ezaro durante o verán, o único que abren é unha válvula con non sei cantos litros de auga por segundo



Outra imaxe do mesmo lugar desde outra posición, esta vez vendo ao fondo a presa e unha leve néboa saíndo da nada



Pasamos do caudal do río Xallas ás vistas do monte de Ezaro, lugar onde se atopan os eólicos, podemos ver á esquerda a presa que impide a circulación do Xallas, no centro o mirador de Ezaro e á dereita parte de pobo.



Situandonos no mirador podemos ver todo o Monte Pindo, vemos en primeiro plano o pico Peñafiel e algo máis ao fondo a "Laxe da Moa"



Damos un salto desde as vistas desde o monte ata a mesma desembocadura da fervenza do río Xallas, vemos a seguinte foto sacada desde o último punto máis alto antes de caer o río sobre o mar, uns 80 metros de caída libre



Do alto da desembocadura pasamos pois á parte baixa, a típica imaxe da fervenza



Agora dirixímonos a un depósito de augas, ao que chamamos "o balcón", de onde saen 2 tubos que van dar directamente á central hidoeléctrica



Desde o alto da "Peneda" tamen temos moi boas vistas, vemos ao fondo a fervenza e a continuación todo o ancho do río, tamen se poden ver facilmente os picos do Monte Pindo, aínda que na foto non saísen



Un lugar desde onde se poden ver perfectamente eses picos é no alto do "Castelo", un dos lugares máis altos do pobo, foto á beira da miña casa



A seguinte imaxe digamos que é... un intento en balde de subir ao Monte Peñafiel desde un camiño que non atopamos situado á beira da ponte do Ezaro. Ese día tiñamos que sacar bastantes máis fotos, pero visto o visto... aí queda



E por último unha imaxe mirando ao horizonte. Posta de sol sacada desde a praia de Ezaro sacada a principios do 2006

domingo, 9 de diciembre de 2007

GALEGOS VS AMERICANOS

Pois simplemente acabo de ver este texto por internet e polo visto é totalmente verídico, fixome gracia, ahi vai:

Conversación real gravada da frecuencia de urxencia marítima canle 106, na costa de Fisterra, entre galegos e norteamericanos, o 16 de outubro de 1997:

Galegos: Fálalles o A-853, por favor, desvíen o seu rumbo quince graos sur para evitar colisión... Aproxímanse directos cara a nós, distancia 25 millas náuticas.

Americanos: Recomendamos que desvíen o seu rumbo quince graos norte para evitar colisión.

Galegos: Negativo. Repetimos, desvíen o seu rumbo quince graos sur para evitar colisión.

Americanos: Á fala o Capitán dun navío dos Estados Unidos de América. Insistimos, desvíen vostedes o seu rumbo quince graos norte para evitar colisión.

Galegos: Non o consideramos factible nin conveniente, suxerímoslles que desvíen o seu rumbo quince graos sur para evitar chocarnos.

Americanos: FÁLALLES O CAPITÁN RICHARD JAMES HOWARD, AO MANDO DO PORTAAVIÓNS USS LINCOLN, DA MARIÑA DOS E.E.U.U., O SEGUNDO NAVÍO DE GUERRA MÁIS GRANDE DA FLOTA NORTEAMERICANA. ESCÓLTANNOS DOUS ACOIRAZADOS, SEIS DESTRUTORES, CINCO CRUCEIROS, CATRO SUBMARINOS E NUMEROSAS EMBARCACIÓNS DE APOIO. DIRIXÍMONOS CARA A AUGAS DO GOLFO PÉRSICO PARA PREPARAR MANOBRAS MILITARES ANTE UNHA EVENTUAL OFENSIVA DE IRAQ. NON LLES SUXIRO... ORDÉNOLLES QUE DESVÍEN O SEU CURSO QUINCE GRAOS NORTE! EN CASO CONTRARIO VERÉMONOS OBRIGADOS A TOMAR AS MEDIDAS QUE SEXAN NECESARIAS PARA GARANTIR A SEGURIDADE DESTE BUQUE E DA FORZA DESTA COALICIÓN. VDS. PERTENCEN A UN PAÍS ALIADO, MEMBRO DA OTAN E DESTA COALICIÓN...
POR FAVOR, OBEDEZAN INMEDIATAMENTE E QUITENSE DO NOSO CAMIÑO!

Galegos: Fálalles Juan Manuel Salgas Alcántara. Somos dúas persoas. Escóltannos o noso can, a nosa comida, dúas cervexas e un canario que agora esta durmindo. Temos o apoio de Cadea Dial da Coruña e a canle 106 de urxencia marítimas. Non nos diriximos a ningún lado xa que lles falamos desde terra firme, estamos no faro A-853 Fisterra, da costa de Galicia. Non temos a máis puta idea en que posto estamos no ranking de faros españois. Poden tomar as medidas que consideren oportunas e déalles a puta gana para garantir a seguridade do seu buque de merda, que se vai a facer hostia contra as pedras, polo que volvemos insistir e suxerímoslle que o mellor, mais san e máis recomendable é que desvíen o seu rumbo quince graos sur para evitar colisión.....!!!

Americanos: Isto.... Gracias

lunes, 3 de diciembre de 2007

Slideshow Peñafiel

Despois duns días volvo actualizar o blog, xa tocaba. Estiven facendo un archivo flash con algunhas das fotos que sacamos na nosa última subida ao Monte Peñafiel (ver rutas próximas), á beira de Ezaro en Outubro do 2007.

É unha especie de reproductor con control para vídeo e para audio, pódese ver unha presentación das imaxes e de fondo a mítica canción de Bob Dylan "Knocking On Heavens Door" versionada por Guns N' Roses.

Aí vos queda.

Nota: O archivo pesa como uns 3 mb polo que pode tardar bastante en cargar sobre todo en conexions vía módem de acceso telefónico. Si vedes que non carga podedes visualizalo visitando este enlace, unha vez cargado deberíadelo ver sen problema algún no blog á resolución correcta.







martes, 27 de noviembre de 2007

Piratas na Costa da Morte

...A sacudida dunha onda derrubou ao corsario sobre a cuberta e, por un instante, tivo a sensación de precipitarse cara ás profundidades. A borrasca desencadeábase por encima da súa cabeza, e ás veces, lanzaba ao chocar contra o aparello un longo ouvido que lle fixo tremer de pes a cabeza. O mastro golpeouno na súa caída, espertándoo bruscamente do seu soño..., logo fíxose un intervalo e contemplou no silencio das augas un lóstrego, que iluminou por un instante a lonxanza, e alí estaban Fisterra, Corcubión, Cee, os montes celtas do Pindo... conseguirao, alí estaba, oíu o estrépito dos rompentes da preamar, mentres o vento do oeste sopraba sen cesar.

O desmantelado casco desaparecía na mar, a proa xa enfilaba ao ceo, aquel ceo que tantas veces estudara para guiarse por este mar que agora o quería tragar. No seu delirio no medio do temporal, cando adiviñou que o ceo se xuntaba coa mar, oíu unha voz no medio da tormenta que dicía "¡Jack Rakman, es o máis grande!".

Aí dorme O Delfín de Cedán coas súas adegas alagadas pola auga cheas de tesouros e de esqueletos de piratas, aqueles piratas que Jack Rakman non deixou saír a cuberta pois el só era capaz de vencer aquel temporal...

Piratas na Costa da Morte
X.G

lunes, 26 de noviembre de 2007

O Ara Solís

"De seguro, foi profundo o acoro e a pavura que infundiu aos antigos a visión que experimentaron ao chegar a estas terras, lugares nos que só se ollaba un infindábel mar no que se mergullaba o sol, como se o océano o devorase, ao tempo que se escoitaba un fondo laio, crenza que aínda hoxe comparten algunhas xentes desta finis terrae.

A lenda da Ara Solis, quizais de orixe grega, refire que o pobo caldeo, que adoraba o sol, decidiu un día buscar o escondrixo do astro durante as horas da noite. Abandonando o seu país, os caldeos comezaron o seu camiño cara a Occidente. O derradeiro lugar ao que chegaron foi Galiza, onde se decataron de que o mar lles impedía continuar, ó mesmo tempo que descubrían que o Sol se afundía no océano. Convencidos de que entre as augas pasaba o astro adorado as horas da noite e abraiados perante aquel prodixio, decidiron construír naquelas terras un altar ao que puxeron de nome Ara Solis."

Fonte: http://www.blogoteca.com

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Laberinto Atlántico

A verdad, a cantidad de cousas que se poden encontrar por internet. Antonte puxenme a facer unha busqueda de blogs en google (o tipico que fai un cando está aburrido xD) e encontrei unha serie deles que me pareceron "interesantes", seguin mirando e atopei un blog chamado "El Laberinto Atlántico", que falaba sobre o monte pindo e sobre as suas historias, concretamente este:
http://jlgalovart.blogspot.com/2007/05/monte-pindo-notas-arqueolgicas-sobre.html

A verda e que vos recomendo este blog, podesdes descargar un pdf dun libro de 1986 que fala sobre o Monte Pindo, Peñafiel, a Moa, o Río Xallas e incluso da nosa xente durante a Guerra Civil do 1936, tamen ten leyendas, e posibles historias reales, a verdad e que quedei pampo con todo esto. Xa me está tardando o día de volver a subir ala arriba e poder comprobar todo o que relatan nese libro.

Aquí deixo unha proba dun intento de "tour" que teño pensado facer mais adiante, claro está que se intentara añadirlle melloras pouco a pouco, co tempo darlle efectos de movemento, si se logra poñerlle zoom as fotos e poder seleccionar mais que unha foto por escena para que quede unha especie de imaxen interactiva. Por ahora esto e o que hai.

Abures.






domingo, 18 de noviembre de 2007

Pasaba por aki...

Pois si, habia bastante tempo que nn se actualisaba esto, pensei que me serraran a cuenta e todo jaja, pero non.
Pois nada, aver si me poño un dia destes "seriamente" co blog e lle dou unha imagen nova, mentres tanto aki keda.