miércoles, 19 de diciembre de 2007

Unha de panorámicas

Actualizo cunha recompilación de imaxes panorámicas que tiña gardadas. Podes pinchar nas imaxes para velas a tamaño completo.

Empezamos cunha imaxe sacada desde un pico do Monte Pindo, "O Pedrejal" como lle chamamos aquí, da penúltima vez que subimos, unha inesperada néboa cubría todo o que habia debaixo nosa.




Outra imaxe do mesmo sitio pero co día despexado



Seguimos polas alturas cunha foto, esta vez desde o pico Peñafiel, sacada a iso das 8 menos 10 minutos un 20 de outubro vendo a posta de sol entre a néboa antes mencionada



Aquí outras 2 imaxes do alto do monte Peñafiel, unha esta sacada co día totalmente despexado, a primeira vez que subimos, e a outra vendo a néboa ao fondo, acercandose cada vez máis




Enfocando ao Encoro Sta. Uxía



Cambiamos un pouco de lugar e ímonos ao "Encoro da Fervenza" que ata hai pouco estivo en seca total, só un regacho inferior ao caudal normal do río pasaba por alí.



Outra imaxe do mesmo día vista desde outra perspectiva



Agora ímonos directamente a "fervenza", por chamala dalgunha forma, que abren os domingos en Ezaro durante o verán, o único que abren é unha válvula con non sei cantos litros de auga por segundo



Outra imaxe do mesmo lugar desde outra posición, esta vez vendo ao fondo a presa e unha leve néboa saíndo da nada



Pasamos do caudal do río Xallas ás vistas do monte de Ezaro, lugar onde se atopan os eólicos, podemos ver á esquerda a presa que impide a circulación do Xallas, no centro o mirador de Ezaro e á dereita parte de pobo.



Situandonos no mirador podemos ver todo o Monte Pindo, vemos en primeiro plano o pico Peñafiel e algo máis ao fondo a "Laxe da Moa"



Damos un salto desde as vistas desde o monte ata a mesma desembocadura da fervenza do río Xallas, vemos a seguinte foto sacada desde o último punto máis alto antes de caer o río sobre o mar, uns 80 metros de caída libre



Do alto da desembocadura pasamos pois á parte baixa, a típica imaxe da fervenza



Agora dirixímonos a un depósito de augas, ao que chamamos "o balcón", de onde saen 2 tubos que van dar directamente á central hidoeléctrica



Desde o alto da "Peneda" tamen temos moi boas vistas, vemos ao fondo a fervenza e a continuación todo o ancho do río, tamen se poden ver facilmente os picos do Monte Pindo, aínda que na foto non saísen



Un lugar desde onde se poden ver perfectamente eses picos é no alto do "Castelo", un dos lugares máis altos do pobo, foto á beira da miña casa



A seguinte imaxe digamos que é... un intento en balde de subir ao Monte Peñafiel desde un camiño que non atopamos situado á beira da ponte do Ezaro. Ese día tiñamos que sacar bastantes máis fotos, pero visto o visto... aí queda



E por último unha imaxe mirando ao horizonte. Posta de sol sacada desde a praia de Ezaro sacada a principios do 2006

No hay comentarios: