viernes, 15 de febrero de 2008

Para opinions dos Guns? aquí


Hoxe vou falar dun grupo de música un tanto peculiar, coñecido seguramente pola maioría por ser un dos grupos mais soados a finais dos 80 e principios dos 90, Guns N' Roses.


Falouse moito desta banda, sobre todo desde que se produciu a separación dos integrantes que levaron o nome de Guns N' Roses todo o máis alto, por suposto estou falando de Matt Sorum, Dizzy Reed, Izzy Stradlin, Duff McKagan, Saul Hudson "Slash" e como non Axl Rose.

Hai opinións de todo tipo, que se agora a banda non merece levar o nome dos Guns, que sen Slash Axl non é nada? en fin, cada un defende a súa teoría.

Estou de acordo en que os novos Guns N' Roses non chegarán ao nivel ao que chegaron os "vellos" (bueno, é unha suposición, esperemos aver como queda o esperado Chinese Democracy unha vez editado por completo) e que nin Axl nin Slash farán por separado o que outrora fixeron xuntos. Pero no que non estou de acordo é que a xente diga que Axl está acabado e que Slash era o que movía a banda.

Na miña opinión digo que a alma de Guns N' Roses sempre foi e será *Axl Rose, está claro que *Slash facía uns sos incribles co seu Les Paul, pero sinceramente, vin vídeos en Internet de xente como ti ou como eu versionando solos de Slash e a verdade que están bastante currados. A xente coñecía aos Guns N' Roses polos toques de guitarra de Slash ou de Izzy?, polos acordes de Duff?, pola batería de Matt?, non digo que isto non influíse, pero na miña opinión os Guns eran coñecidos máis que nada pola gran voz de Axl, que era capaz de pasar de estar cantando unha balada como November Rain a cantar os altibaixos de Dead Horse. Axl Rose, chegou a ser un verdadeiro rei.


Actualmente só quedan 2 membros (Axl e Dizzy) do que foi no seu tempo unha das máis grandes bandas de rock presentes no planeta terra, co seu novo persoal integrado por Axl Rose, Robin Finck, Tommy Stinson, Chris Pitman, Brian "Brain" Mantia, Richard Fortus, Ron "Bumblefoot" Thal, Frank Ferrer, Dizzy Reed están á espera de lanzar xa o seu novo disco Chinese Democracy, que din que posiblemente sexa o máis caro e o mais esperado da historia.

Os demais integrantes xuntáronse e formaron Velvet Revolver, pero ningún deles nega a posibilidade de volver xuntarse con Axl nun futuro que esperemos que non sexa moi afastado, para asì poder revivir a maxia que nos deixou esta banda fai uns cantos anos.

Un Saúdo.

No hay comentarios: