Vou seguir insistindo con entradas dos Guns, e é que nunca me cansarei de escoitalos porque a gran maioría das súas cancións transmiten sensacións ás que a outros grupos xa lles gustaría polo menos asomarse, cancións que aínda que non entendas a letra, sabes o que ao final queren transmitir.
Desde as cancións máis rebeldes como Welcome to the Jungle ou Nightrain, ata as cancións con máis ritmo como poden ser Used To Love Her ou Rocket Queen, pasando polas grandiosas Sweet Chile O' Mine, Don't Cry, Estranged ou November Rain. Nesta última é na que precisamente me gustaría parar a mostrar unha "análise" que atopei, tanto da canción como do vídeo
A canción comeza e o son da tormenta dá paso a unha melodía melancólica formada polos pianos de Axel e Dizzy e os violíns da orquestra, esa melodía crece e crece imparable mentres os instrumentos vanse engadindo: a guitarra, o baixo, a frauta... De súpeto a voz desgarrada de Axl transforma a beleza desa melodía nun anuncio de que o fin achégase. Non fai falta entender a letra, a música cóntanos a historia, fálanos de alguén que loita por manter aquilo que máis lle importa, pero cando se engaden os coros dinnos que non hai solución, a intensidade da canción crece e crece, volvéndose máis emocionante e melancólica á vez... E de súpeto Slash toma a voz cantante por primeira vez, o son da súa guitarra obríganos a seguir escoitando aínda sabendo que non anuncia nada novo, logo outra vez Axl, Dizzy e os violíns, aínda máis dramáticos e volve aparecer Slash guiándonos cara ao final mentres cada golpe de baqueta de Matt Sorum sente como un puñal cravado no peito, o ritmo crece imparable ata que... un silencio parece darnos un descanso, pero nada máis lonxe da realidade. Entón o drama convértese en traxedia. Mentres os pianos volven desatar a tormenta, Axl, acompañado dos coros empéñanse en repetirnos unha e outra vez que todo o mundo necesita a alguén, pero para entón Slash, Matt e a orquestra desataron un furacán de enormes proporcións que non nos deixa esquecer que non temos a ninguén ao noso lado, que nos quedamos sos e que sos seguiremos por moito que todo o mundo necesite a alguén. Que o amor é algo que nos negou.
Comentarios como este se poden atopar en Internet, e a verdade, moi poucos (por non dicir ningún) que digan o contrario, porque os Guns N? Roses foron os verdadeiros reis do Hard Rock conseguindo marcar pegada na historia da música.
Axel, Slash, Matt, Duff, Izzy, facede un esforzo polos vosos fans e afastade as vosas diferenzas do profesional. Por un mundo sen Guns, pero con Roses.
Un Saúdo.
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
lunes, 25 de febrero de 2008
Do you need some time...all alone
Publicado por dani04 en 1:02 a. m. 0 comentarios
Etiquetas: Axel, Axl, Dizzy, Duff, Guns N' Roses, Izzy, Música, November Rain, Rose, Slash, Steve Adler
Suscribirse a:
Entradas (Atom)