martes, 8 de enero de 2008

November Rain

Despois de varios días sen internet (tormenta, módem queimado e iso...) toca actualización rápida.
Non estamos en Novembro pero chover chove, polo menos aquí, asique aí vai unha dos Guns N' Roses, November Rain:

Vídeo:


Cando che miro aos ollos, vexo un amor contido, pero amor cando che collo, non sabes que eu tamén sinto o mesmo?.
Porque nada dura para sempre e os dous sabemos que os corazóns poden cambiar, na fría choiva de novembro.
Nós xa pasamos por isto xa fai tempo simplemente intentando mitigar a dor.
Pero as persoas que se queren veñen e van e ninguén está realmente seguro de quen o vai a deixar hoxe.
Se puidésemos ter tempo para deixar fluír as cousas, podería descansar só sabendo que ti es miña, toda miña. Así que se ti realmente quéresme, entón amor, non te cortes, ou acabarei índome coa fría choiva de novembro. Necesitas estar un tempo pola túa conta, necesitas estar un tempo soa? Todo o mundo necesita un tempo pola súa conta. Non sabes que necesitas estar un tempo pola túa conta?.
Sei que é difícil abrir o corazón cando ata os teus amigos parece que che fan dano, pero se ti puideses curar un corazón roto, non poderías sacar algo de tempo para quererche un pouco?
Ás veces necesito un tempo para pola miña conta, ás veces necesito un tempo só, todo o mundo necesita un tempo pola súa conta. Non sabes que eu tamén necesito un tempo para estar só?.
E cando os teus medos salgan a flote e as sombras rolden por aí, eu se que ti me podes querer cando non teñas a ninguén máis a quen botarlle a culpa. Así que non importa a escuridade, aínda podemos atopar unha saída porque nada dura para sempre, ata a fría choiva de novembro.
Non cres que necesitas a alguén?
Non cres que necesitas a alguén?.
Todo o mundo necesita a alguén, non es a única, non es a única.

PD: Poño a tradución porque se que se poño a versión orixinal non vos ides matar a lela, e menos a traducila jaja.

Saúdos.

No hay comentarios: